Esta actividade foi desenvolta entre os días 18 e 20 de decembro de 2023, pola profesora de Física e Química, Mª José Pérez Martínez, cos tres grupos de 3ºESO, adicándolle unha sesión a cada grupo.
Os obxectivos da mesma foron:
- Contribuír aos procesos de sexuación da mocidade dun xeito positivo.
- Achegar e clarificar conceptos relacionados co feito sexual humano.
- Ampliar a visión da sexualidade no alumnado que favoreza actitudes e condutas saudables e respectuosas.
- Abrir unha canle de comunicación co profesorado respecto das dúbidas referentes á sexualidade que haxa na aula.
A profesora pediulle ao alumnado que escribise nun anaco de papel durante dez segundos as palabras que definen ou consideran relevantes en relación ao sexo.
Coas palabras que saíron intentaron facer unha definción en gran grupo do que é o sexo para o alumnado desa aula:
A continuación, a docente completou a definición, dándolle unha explicación máis profesional e exhaustiva ao respecto, que ampliase a visión do sexo máis aló do xenital e do coital. Durante as explicacións proxectou unha presentación deseñada por ela:
Nesta imaxe aparece o alumnado dun grupo durante a realización da actividade: