Esta ficha foi guiada polas tres titoras de 3º ESO, adicándolle dúas sesións a cada grupo na terceira e cuarta semana do mes de abril.
Os obxectivos a alcanzar foron:
- Aprender a identificar e responder de maneira axeitada fronte á presión do grupo.
- Analizar alternativas cando nos sometemos a presión negativa.
- Favorecer a comunicación entre o grupo.
1.- Xogo de roles: Representación de varias situacións nas que unha persoa exerce presión sobre outra e posterior reflexión grupal.
2.- Visualización e análise dun vídeo sobre consentimento sexual explicado con te:
O alumnado en pequeno grupo respondeu ás seguintes cuestións despois de ver o vídeo:
a) Como definides o consentimento sexual?
b) Por que pensades que hai relacións sexuais sen consentimento?
c) Hai unha idade legal para consentir?
d) Cales pensades que son as claves para garantir relacións consentidas?
3.- Conclusión: Elaboración de cartaces sobre as claves do consentimento partindo da campaña do folleto con-sentido Cada parella elaborou un cartaz sobre unha clave.



.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)