venres, 9 de febreiro de 2024

Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual



 
 

 
 

Os obxectivos desta actividade foron:

  • Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade.
  • Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación.
  • Favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.

Desenvolvouse perante a última semana de xaneiro e a primeira de febreiro de 2024, cos tres grupos de 3º ESO, durante tres sesións de cincuenta minutos, na materia de Valores Éticos coa profesora María de Toro González.

Na primeira sesión, despois de visualizar e analizar o vídeo recomendado pola organización do programa Quérote+: ”¿Qué es la diversidad sexual?” realizouse unha posta en común das experiencias e ideas previas ao respecto da diversidade de sexo xenérica




Ademais, a profesora repartiulles un dossier informativo a cada grupo de tres ou catro persoas, baseado no libro da historia LGTBIQ+, da edtiotorial Akal, que incluía os seguintes aspectos:

  • Diferentes orientacións sexuais e reivindicacións.
  • Os éxitos e loita do colectivo.
  •  A situación de dereitos LGTBIQ+ no mundo militar e no deporte.
  • As condutas de acoso nos centros de ensino.
  • Recomendacións de filmes ou libros nos que aparecen referentes diversxs.

Este dossier serviu como fonte de inspiración, para que nas seguintes sesións o alumnado, en grupos de tres ou catro persoas, deseñase cartaces, que promovosen valores de respecto cara a diversidade sexual.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...