domingo, 22 de decembro de 2024

Ficha 2: A educación sexual


3º ESO A

Na segunda e na terceira semana do mes de decembro, durante dúas sesións en cada grupo e nas súas respectivas aulas, as profesoras de Lingua e Literatura Galega, Patricia Beldrón González e Lourdes Vaz Justo, conduciron a segunda ficha do programa Quérote + no noso centro.

3º ESO B

Esta segunda actividade tivo com obxectivos contribuír aos procesos de sexuación da mocidade dun xeito positivo, clarificar conceptos e ampliar a súa visión da sexualidade.

Para acadalos nunha primeira sesión, fixemos unha choiva de ideas individual (cando falamos de sexo, de que estamos a falar?) e a continuación unha posta en común na que o alumnado deduciu unha  definición do que para el é sexo.

Na segunda sesión, demos unha explicación máis exhaustiva, ampliando a súa visión que está máis centrada no xenital e coital, e falamos agora do sexo como clasificación en homes e mulleres, da intersexualidade, do proceso de sexuación desde o nacemento e do sistema binario e non binario. Apoiámonos en dous vídeos, un deles recolle o testimonio de diferentes persoas intersexuais con cromosomas XXY e outro que recolle un experimento sobre os estereotipos de xénero (bonecas para nenas, robots para nenos). Rematamos clarexando ideas e contrapoñendo sexo/sexualidade/erótica.


3º ESO C

A continuación aparecen os dous vídeos proxectados:


venres, 20 de decembro de 2024

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote + en 3º ESO A

O xoves, 19 de decembro de 2024, despois de dúas tentativas fallidas, unha por enfermidade da profesora e outra porque non había conexión á Internet, o alumnado de 3º ESO A puido desenvolver a primeira ficha na aula de informática de bacharelato, guiado pola súa titora Iria González Vázquez, seguindo a mesma temporalización que nos outros dous terceiros.
Neste grupo houbo que iniciar o programa coa segunda ficha, no canto de coa primeira, polos motivos comentados.
 

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron: Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO. Reflexionar sobre a im...