![]() |
| 3º ESO A |
![]() |
| 3º ESO B |
Esta segunda actividade tivo com obxectivos contribuír aos
procesos de sexuación da mocidade dun xeito positivo, clarificar conceptos e
ampliar a súa visión da sexualidade.
Para acadalos nunha primeira sesión, fixemos unha choiva de
ideas individual (cando falamos de sexo, de que estamos a falar?) e a
continuación unha posta en común na que o alumnado deduciu unha
definición do que para el é sexo.
Na segunda sesión, demos unha explicación máis exhaustiva,
ampliando a súa visión que está máis centrada no xenital e coital, e falamos
agora do sexo como clasificación en homes e mulleres, da intersexualidade, do
proceso de sexuación desde o nacemento e do sistema binario e non binario.
Apoiámonos en dous vídeos, un deles recolle o testimonio de diferentes persoas
intersexuais con cromosomas XXY e outro que recolle un experimento sobre os
estereotipos de xénero (bonecas para nenas, robots para nenos). Rematamos
clarexando ideas e contrapoñendo sexo/sexualidade/erótica.
![]() |
| 3º ESO C |



Ningún comentario:
Publicar un comentario