mércores, 29 de xaneiro de 2025

Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual

Esta ficha foi conducida pola profesora de Valores Éticos, María de Toro González, cos tres grupos de 3º ESO, ao longo de cinco sesións durante o mes de xaneiro.

Na  primeira sesión a docente realizou unha exposición teórica, apoiándose nesta presentación:
Diseño de María de Toro González

Ademais, o alumnado plantexou as súas dúbidas respecto dalgúns temas como binarismo, cisexual, xénero fluído, etc. Tamén comentaron algunha polémica relativa á presenza de persoas trans nas competicións deportivas e en espazos como os baños, analizando as consecuencias prácticas que se desprendían de cada postura, abordando deste xeito a controversia entre o feminismo de igualdade e o transfeminismo. Chamoulles a atención o caso de David Reiner, a partir do que se conclúe que a orientación e a identidade sexual nin son escollidas nin son froito da aprendizaxe.

Na segunda sesión a mocidade tomou notas individualmente e reflexionou despois de ter visualizados os vídeos que aparecen a continuación:
- "Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil.
- "Un paso más en la defensa de la diversidad/Mikele Grande/TEDxYouth@Amposta":

- " Prejudices/Explained/Anne Frank House":

Na terceira sesión traballaron en grupos de catro para poder pensar sobre:
  • Tópicos ou prexuízos socialmente compartidos sobre gays, lesbianas, bisexuais e trans.
  • Medidas para favorecer a inclusión e o respecto á diversidade no centro educativo.
  • Recomendacións na linguaxe.
No transcurso desta sesión, tamén se proxectaron imaxes con referentes LGTBIQ+ co fin de comprender a interseccionalidade e a normalización.

Nas sesións cuarta e quinta o alumnado deseñou carteis publicitarios en Canva.



Carteis orientación e identidade sexual realizados polo alumnado de 3º ESO

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron: Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO. Reflexionar sobre a im...