Esta ficha foi conducida pola profesora de Valores Éticos, María de Toro González, cos tres grupos de 3º ESO, ao longo de cinco sesións durante o mes de xaneiro.
Na primeira sesión a docente realizou unha exposición teórica, apoiándose nesta presentación:
Diseño de María de Toro González
Ademais, o alumnado plantexou as súas dúbidas respecto dalgúns temas como binarismo, cisexual, xénero fluído, etc. Tamén comentaron algunha polémica relativa á presenza de persoas trans nas competicións deportivas e en espazos como os baños, analizando as consecuencias prácticas que se desprendían de cada postura, abordando deste xeito a controversia entre o feminismo de igualdade e o transfeminismo. Chamoulles a atención o caso de David Reiner, a partir do que se conclúe que a orientación e a identidade sexual nin son escollidas nin son froito da aprendizaxe.
Na segunda sesión a mocidade tomou notas individualmente e reflexionou despois de ter visualizados os vídeos que aparecen a continuación:
- "Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil.
- "Un paso más en la defensa de la diversidad/Mikele Grande/TEDxYouth@Amposta":- " Prejudices/Explained/Anne Frank House":
Na terceira sesión traballaron en grupos de catro para poder pensar sobre:
- Tópicos ou prexuízos socialmente compartidos sobre gays, lesbianas, bisexuais e trans.
- Medidas para favorecer a inclusión e o respecto á diversidade no centro educativo.
- Recomendacións na linguaxe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario