martes, 28 de novembro de 2023

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote +


 





Entre os días 20 e 27 de novembro de 2023  botou a andar o programa Quérote + no IES de Allariz cos tres grupos de 3º ESO (A, B e C).
A primeira ficha do mesmo, que consiste na presentación do programa desenvolveuse na aula de informática do edificio da ESO durante as sesións de titoría, unha con cada grupo.

Os obxectivos desta actividade foron:
  • Dar a coñecer os centros Quérote + e o seu servizo de consultoría.
  • Posibilitar o achegamento da mocidade a Quérote + para que o teña como un recurso de referencia profesional nas súas procuras de información e asesoramento.
As titoras explicaron os servizos que o alumnado pode atopar en Quérote +,  accedendo a súa páxina web ou mediante outras vías de consulta: presencial , telefónica ou vía WhatsApp ou Telegram. A atención é anónima, confidencial e gratuíta. Ademais, o alumnado realizou unha consulta en liña desde a sección da páxina "Formula a túa dúbida"

A continuación detállanse todas as vías de consulta:
  • Consultoría presencial e telefónica Quérote + Ourense: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27, 4º. Teléfono: 988231470.
  • A través da páxina web: https://xuventude.xunta.es/querote-mais
  • A través de WhatsApp ou Telegram: 647018752

martes, 21 de novembro de 2023

Material e profesorado participante

 Neste curso traballaremos:

  • Ficha 1: Presentación do recurso Quérote +.
  • Ficha 2: A educación sexual.
  • Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual.
  • Ficha 4: O modelo de amor romántico.
  • Ficha 5: A relación dos sexos a través da tecnoloxía.
  • Ficha 6: Cultivando habilidades.
  • Ficha 7: Aconcepción e concepción.
  • Ficha 8: Hoxe damos clase nós.
Podedes acceder as fichas premendo aquí.

O profesorado que participa neste programa é:

-        María de Toro González, docente de Valores Éticos e titora.

-    Eva Fernández Miguélez,docente de Lingua e Literatura Castelá.

-    Cristina Moure Fraga,docente de Pedagoxía Terapéutica.

-        María Ángeles Miranda Babarro, orientadora

-        Olaia Trigo González, docente de Matemáticas e titora.

-        María José Pérez Martínez, docente de Física e Química.

-        María Villarino López, docente de Xeografía e Historia e titora.

-        Guiomar Vázquez Nogueiras, coordinadora e docente de Bioloxía e Xeoloxía.


martes, 7 de novembro de 2023

Benvida ao blog!

  

Este curso o IES de Allariz vai participar co alumnado de 3º ESO no programa Quérote + , sobre educación sexual, dentro do Plan Proxecta +, de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con outros organismos.

Os obxectivos que perseguimos con desenvolvemento do mesmo son:

  • Que o profesorado dispoña de información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula.
  • Estimular no alumnado unha autoestima positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
  • Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.
  • Poñer en valor a diversidade e fomentar o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
  • Achegar información en canto a situacións que poderían acontecer (seguridade no uso da tecnoloxía, prevención de embarazos, ITS, etc.)
Abordaranse tres contidos básicos:
  • Educación sexual.
  • Modelos de amor e de parella.
  • Uso das tecnoloxías nas relacións.

Realizarase cos tres grupos de 3º ESO: A, B e C, nas materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Xeografía e Historia, e Valores Éticos, así como en sesións de titoría. Consistirá na posta en marcha das oito fichas proporcionadas polo Programa Quérote +, de novembro a xuño.

Todas as actividades desenvoltas polo alumnado serán publicadas neste blog.

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...