Este curso o IES de Allariz vai participar co alumnado de 3º ESO no programa Quérote + , sobre educación sexual, dentro do Plan Proxecta +, de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con outros organismos.
Os obxectivos que perseguimos con desenvolvemento do mesmo son:
- Que o profesorado dispoña de información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula.
- Estimular no alumnado unha autoestima
positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
- Educar en habilidades que favorezan a toma
de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.
- Poñer en valor a diversidade e fomentar o
seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
- Achegar información en canto a situacións que poderían acontecer (seguridade no uso da tecnoloxía, prevención de embarazos, ITS, etc.)
- Educación sexual.
- Modelos de amor e de parella.
- Uso das tecnoloxías nas relacións.
Realizarase cos tres
grupos de 3º ESO: A, B e C, nas materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e
Química, Matemáticas, Xeografía e Historia, e Valores Éticos, así como en sesións
de titoría. Consistirá na posta en marcha das oito fichas proporcionadas polo
Programa Quérote +, de novembro a xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario