martes, 28 de novembro de 2023

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote +


 





Entre os días 20 e 27 de novembro de 2023  botou a andar o programa Quérote + no IES de Allariz cos tres grupos de 3º ESO (A, B e C).
A primeira ficha do mesmo, que consiste na presentación do programa desenvolveuse na aula de informática do edificio da ESO durante as sesións de titoría, unha con cada grupo.

Os obxectivos desta actividade foron:
  • Dar a coñecer os centros Quérote + e o seu servizo de consultoría.
  • Posibilitar o achegamento da mocidade a Quérote + para que o teña como un recurso de referencia profesional nas súas procuras de información e asesoramento.
As titoras explicaron os servizos que o alumnado pode atopar en Quérote +,  accedendo a súa páxina web ou mediante outras vías de consulta: presencial , telefónica ou vía WhatsApp ou Telegram. A atención é anónima, confidencial e gratuíta. Ademais, o alumnado realizou unha consulta en liña desde a sección da páxina "Formula a túa dúbida"

A continuación detállanse todas as vías de consulta:
  • Consultoría presencial e telefónica Quérote + Ourense: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27, 4º. Teléfono: 988231470.
  • A través da páxina web: https://xuventude.xunta.es/querote-mais
  • A través de WhatsApp ou Telegram: 647018752

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...