venres, 29 de novembro de 2024

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote + en 3ºESO B

 

Hoxe, venres 29 de novembro de 2024 iniciouse o programa Quérote + co alumnado de 3º ESO B na aula de informática de bacharelato. 

En primeiro lugar, a titora, Guiomar Vázquez Nogueiras, introduciu a actividade comentándolle ao grupo que a educación afectivo-sexual é un dos contidos recollidos na LOMLOE, actual lei de educación. Por iso, ten sentido desenvolver este programa en 3º ESO. O obxectivo fundamental é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.

En segundo lugar, explicoulles que son os centros Quérote +, que información suministran, así como as principais vías de comunicación cos mesmos: 

- As consultas aos mesmos son anónimas e gratuítas.

- As temáticas sobre as que se poden plantexar cuestións son: sexualidade, benestar emocional, promocion do bo trato, prevención de ITS e de embarazos, así como diversidade LGTBIQ+.

- As vías de contacto son: presencial (en Ourense na rúa Celso Emilio Ferreiro, 27, 4º),  telefónica (988231470 ), a través da páxina web: (https://xuventude.xunta.es/querote-mais) , por WhatsApp ou Telegram no 647018752 ou por videochamada (a través de Falemos).

En terceiro lugar, o alumnado accedeu a páxina web e realizou unha consulta en liña a través do formulario “Formula a túa dúbida”

Tamén, se lles pediu que accedesen a ligazón Saber + , unha fonte rigorosa na que recabar información sobre sexualidade.

Por último, a docente, amosoulle o traballo desenvolto polos compañeiros e compañeiras o curso pasado e publicado neste blog.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron: Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO. Reflexionar sobre a im...