mércores, 27 de novembro de 2024

Ficha 1: Presentación do recurso Quérote + en 3º ESO C

 


 

O grupo de 3 ESO C iniciou hoxe o programa Quérote+.

No classroom de titoría accederon ás fichas do programa e foron seguindo a introdución da profesora María de Toro González para presentar a xustificación e necesidade de educar no eido afectivo sexual para promover valores democráticos á vez que impulsar a autoestima e o bo trato cos demais.Analizaron a coherencia coa lei educativa e o carácter transversal destes contidos, que enlazan cos obxectivos de distintas materias(como Valores éticos  Bioloxía, Xeografía e Historia ou Educación física).

Despois, o alumnado accedeu á páxina web de Quérote + e mergullouse nas distintas temáticas nas que poden asesorar á mocidade(adicción, uso das redes sociais e internet, saúde mental e sexualidade). Entraron no apartado de "formular unha pregunta" tras cubrir certos datos anonimizados, e anotaron a clave para consultar a resposta nunhas semanas.

O alumnado detectou que nas preguntas que se lle formulan, faltan opcións para ter sentido, dado que se contestan que "non teñen relacións sexuais" non saben que contestar na pregunta de se usas preservativo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron: Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO. Reflexionar sobre a im...