A profesora de Xeografía e Historia, María Villarino López, desenvolveu esta ficha cos tes grupos de 3º ESO, durante tres sesións por grupo de cincuenta minutos cada unha, na última semana do mes de abril.
A metodoloxía empregada consistiu na visualización da presentación, que aparece a continuación, e o traballo do material na aula, fomentando o debate. Ademais, propúxoselles como traballo final que preparasen por grupos unha exposición para o alumnado de 2º ESO de todo o aprendido ao longo do programa, que terá lugar no mes de xuño.
O guión do traballo realizado foi o seguinte:
1. Presión social e conformidade.
- Por que facemos o que di o grupo?
- Por que buscamos a conformidade?
- Qué pasa se facemos algo distinto da norma do grupo?
2. Que é un grupo. GRUPO fronte a INDIVIDUO.
- Pertencemos a distintos grupos.
- Cada grupo ten unas normas e esixencias.
3. Individualidade. O distinto: pensar, expresar e actuar.
- Grupo e individuo. Individuo e grupo.
- Ser distinto no grupo.
4. As características do BO GRUPO e do MAL GRUPO.
-Equilibrio grupo-individualidade.
- O mal grupo: anula ó individuo.
- Características do bo grupo.
5. O grupo nas Redes Sociais.
- Os grupos virtuais e os seus perigos ( que xa se trataron noutras fichas)
6. O consentimento sexual e a capacidade de negarse ó grupo.
- O consentimento sexual como outro consentimento o conformidade co grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario