mércores, 29 de maio de 2024

Ficha 7: Aconcepción e concepción

 

Esta ficha desenvolveuse na materia de Bioloxía e Xeoloxía, coa profesora Guiomar Vázquez Nogueiras, durante tres sesións con cada grupo entre os días 13 e 24 de maio de 2024.

Os obxectivos a acadar foron:
  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS.
  • Fomentar unha actitude crítica na búsqueda de información e resaltar a importancia de realizala en páxinas que dean garantías de fiabilidade nos seus contidos.

Incorporouse aos contidos da materia, dentro unidade didáctica "A función de reprodución no ser humano", despois de ter abordado: sexualidade, características xerais da reprodución humana, adolescencia e puberdade, anatomía e funcionamento dos aparatos reprodutores, así como fecundación, embarazo e parto.
Na primeira sesión establecéronse grupos de  catro persoas para que durante dez minutos reflexionasen e apuntasen nun papel prácticas eróticas aconceptivas. A continuación, en gran grupo, realizouse unha posta en común, e unha alumna ou alumno encargouse de escribir na pizarra as conclusións. Por último preguntouselles ao alumnado pola única práctica erótica que pode conducir a un embarazo e anotouse na pizarra.
Nas dúas seguintes sesións, de xeito individual ou en grupos de ata tres alumnos ou alumnas elaboraron un informe cos seguintes apartados:
  • Portada.
  • Índice.
  • Concepto de método anticonceptivo.
  • Descrición e clasificación dos métodos anticonceptivos. Valoraredes os seguintes aspectos: natural ou artificial (barreira, químico, hormonal ou cirúrxico); eficacia (nula, baixa, media, alta ou moi alta), vantaxes e inconvenientes; permanentes, transitorios ou dun só uso.
  • Causas da baixa eficacia dos métodos naturais.
  • Mitos que poden provocar embarazos non desexados.
  • Pílula poscoital (cando debe utilizarse, como actúa e por que non se pode considerar un método anticonceptivo)
  • ITS: concepto, transmisión e prevención.
  • Webgrafía.

Consultaron as seguintes fontes de información:
 Premendo AQUÍ pódense consultar algúns dos informes realizados polo alumnado.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...