sábado, 22 de xuño de 2024

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.
O deseño e condución da mesma foron efectuados polas tres titoras de 3º ESO:

  • Olaia Trigo González: 3º ESO A.
  • María Villarino López: 3º ESO B
  • María de Toro González: 3º ESO C.
Primeiro, as titoras formaron en cada clase grupos para distribuír o traballo e resumir os temas abordados en cada ficha.

O segundo paso consistiu en acudir á aula de informática, en tres ou catro sesións, para elaborar unha presentación conxunta en "Canva". Tras algunha corrección e suxerencia por parte das docentes en relación a comunicar con maior claridade e exemplificar as cuestións , seleccionouse un ou unha portavoz de cada equipo para efectuar a exposición.

Pódense visualizar as presentacións premendo nas seguintes ligazóns:

Por último, os días 17 (en 3º ESO A e C) e 22 de xuño (en 3º ESO B), o alumnado de 3º ESO visitou as clases de 2º ESO para expor os contidos traballados no programa Quérote + 23/24.  

Exposición de 3º ESO A ante 2º ESO A:

Exposición de 3º ESO B ante 2º ESO B:

Exposición de 3º ESO C ante 2º ESO C:

En xeral, as rapazas e rapaces de 2º ESO estiveron atentos e amosaron interese. Incluso, consultaron dúbidas. Ademais,  esta experiencia permitiu ao estudantado de 3º ESO gañar en confianza e capacidade organizativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...