xoves, 7 de novembro de 2024

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025


Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con outros organismos.

Os obxectivos que perseguimos coa realización do mesmo son:

  • Que o profesorado dispoña de información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula.
  • Estimular no alumnado unha autoestima positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
  • Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.
  • Poñer en valor a diversidade e fomentar o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
  • Achegar información en canto a situacións que poderían acontecer (seguridade no uso da tecnoloxía, prevención de embarazos, ITS, etc.)
Abordaranse tres contidos básicos:
  • Educación sexual.
  • Modelos de amor e de parella.
  • Uso das tecnoloxías nas relacións.

Realizarase cos tres grupos de 3º ESO: A, B e C, nas materias de Bioloxía e Xeoloxía, Lingua e Literatura Galega, Física e Química, e Valores Éticos, así como en sesións de titoría. Consistirá na posta en marcha das oito fichas proporcionadas polo programa Quérote +, de novembro a xuño.

Todas as actividades desenvoltas polo alumnado serán publicadas neste blog.

Traballaremos:

  • Ficha 1: Presentación do recurso Quérote +.
  • Ficha 2: A educación sexual.
  • Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual.
  • Ficha 4: O modelo de amor romántico.
  • Ficha 5: A relación dos sexos a través da tecnoloxía.
  • Ficha 6: Cultivando habilidades.
  • Ficha 7: Aconcepción e concepción.
  • Ficha 8: Hoxe damos clase nós.
Podedes acceder as fichas premendo aquí

profesorado que participa neste programa é:

  • Patricia Beldrón González, docente de Lingua e Literatura Galega.
  • María de Toro González, docente de Valores Éticos e titora.
  • Iria González Vázquez, docente de Física e Química e titora.
  •  María Ángeles Miranda Babarro, orientadora.
  • Lourdes Vaz Justo, docente de Lingua e Literatura Galega.
  • Guiomar Vázquez Nogueiras, coordinadora, titora e docente de Bioloxía e Xeoloxía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Posta en marcha do programa Quérote + 2024-2025

Este curso por segundo ano consecutivo, desenvolvemos no noso centro o programa de educación sexual  Quérote +, dentro do Plan Proxecta + de...