Esta ficha desenvolveuse na materia de Bioloxía e Xeoloxía, coa profesora Guiomar Vázquez Nogueiras, durante tres sesións con cada grupo entre os días 13 e 24 de maio de 2024.
- Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
- Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS.
- Fomentar unha actitude crítica na búsqueda de información e resaltar a importancia de realizala en páxinas que dean garantías de fiabilidade nos seus contidos.
- Portada.
- Índice.
- Concepto de método anticonceptivo.
- Descrición e clasificación dos métodos anticonceptivos. Valoraredes os seguintes aspectos: natural ou artificial (barreira, químico, hormonal ou cirúrxico); eficacia (nula, baixa, media, alta ou moi alta), vantaxes e inconvenientes; permanentes, transitorios ou dun só uso.
- Causas da baixa eficacia dos métodos naturais.
- Mitos que poden provocar embarazos non desexados.
- Pílula poscoital (cando debe utilizarse, como actúa e por que non se pode considerar un método anticonceptivo)
- ITS: concepto, transmisión e prevención.
- Webgrafía.
- Libro de texto
- Web do SERGAS sobre métodos anticonceptivos.
- Saber+ dos Centros Quérote +.
- Prácticas eróticas seguras fronte ás ITS. Goberno de Canarias.
- Guía das ITS do SERGAS
- Kolokon, a forma xove de entender o sexo. Portugalete.