venres, 13 de xuño de 2025

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.
A organización e dirección da mesma foi efectuado polas tres titoras de 3º ESO:

  • Iria González Vázquez: 3º ESO A.
  • Guiomar Vázquez Nogueiras: 3º ESO B.
  • María de Toro González: 3º ESO C.
Primeiro, as titoras estableceron grupos en cada clase para distribuír o traballo e resumir os temas abordados en cada ficha.

O segundo paso consistiu en acudir á aula de informática, en tres ou catro sesións na última semana de maio e na primeira de xuño, para elaborar unha presentación conxunta en "Canva". Tras algunha corrección e suxerencia por parte das docentes en relación a comunicar con maior claridade e exemplificar as cuestións , seleccionouse un ou unha portavoz de cada equipo para efectuar a exposición.

A continuación aparecen as presentacións realizadas polos tres grupos:

Por último, os días 11, 12 e 13 de xuño o alumnado de 3º ESO visitou as clases de 2º ESO para expor os contidos traballados no programa Quérote + 24/25.  

Exposición de 3º ESO A ante 2º ESO C:


Exposición de 3º ESO B ante 2º ESO A:


Exposición de 3º ESO C ante 2º ESO B:


En xeral, as rapazas e rapaces de 2º ESO estiveron atentos e amosaron interese. Incluso, consultaron dúbidas. Ademais,  esta experiencia permitiu ao estudantado de 3º ESO gañar en confianza e capacidade organizativa.






domingo, 8 de xuño de 2025

Ficha 7: Aconcepción e concepción

Esta ficha desenvolveuse na materia de Bioloxía e Xeoloxía, coa profesora Guiomar Vázquez Nogueiras, durante dúas ou  tres sesións con cada grupo entre os días 14 e 30 de maio de 2025.

Os obxectivos a acadar foron:
  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS.
  • Fomentar unha actitude crítica na búsqueda de información e resaltar a importancia de realizala en páxinas que dean garantías de fiabilidade nos seus contidos.

Incorporouse aos contidos da materia, dentro unidade didáctica "A función de reprodución no ser humano", despois de ter abordado: sexualidade, características xerais da reprodución humana, adolescencia e puberdade, anatomía e funcionamento dos aparatos reprodutores, así como fecundación, embarazo e parto.
Na primeira sesión establecéronse grupos de  catro persoas para que durante dez minutos reflexionasen e apuntasen nun papel prácticas eróticas aconceptivas. A continuación, en gran grupo, realizouse unha posta en común, e unha alumna ou alumno encargouse de escribir na pizarra as conclusións. Por último preguntouselles ao alumnado pola única práctica erótica que pode conducir a un embarazo e anotouse na pizarra.
Nas dúas seguintes sesións, de xeito individual ou en grupos de ata tres alumnos ou alumnas elaboraron un informe cos seguintes apartados:
  • Portada.
  • Índice.
  • Concepto de método anticonceptivo.
  • Descrición e clasificación dos métodos anticonceptivos. Valoraredes os seguintes aspectos: natural ou artificial (barreira, químico, hormonal ou cirúrxico); eficacia (nula, baixa, media, alta ou moi alta), vantaxes e inconvenientes; permanentes, transitorios ou dun só uso.
  • Causas da baixa eficacia dos métodos naturais.
  • Mitos que poden provocar embarazos non desexados.
  • Pílula poscoital (cando debe utilizarse, como actúa e por que non se pode considerar un método anticonceptivo)
  • ITS: concepto, transmisión e prevención.
  • Webgrafía.

Consultaron as seguintes fontes de información:
 Premendo AQUÍ pódense consultar algúns dos informes realizados polo alumnado.

mércores, 14 de maio de 2025

Ficha 4: O modelo do amor romántico

Os días doce e trece de maio as profesoras de Lingua e Literatura Galega: Patricia Veldrón González e Lourdes Vaz Justo desenvolveron esta ficha durante unha sesión de cincuenta minutos con cada grupo.

Esta activade estaba presvista para o mes de febreiro, pero por cuestións organizativas realizouse esta semana.


Os obxectivos da mesma foron:
  • Analizar as mensaxes vencelladas ao modelo do amor romántico.
  • Visualizar a diversidade de formas de vivir e expresar o amor.
  • Potenciar as relacións igualitarias e respectuosas entre sexos.
Como material de apoio as profesoras empregaron curtametraxes nas que se quere ensinar á mocidade como detectar os primeiros sinais de maltrato e como distinguir entre unha relación baseada no respecto e a igualdade e outra non.
Premendo aquí pódese acceder ás curtas.






sábado, 26 de abril de 2025

Ficha 6: Habilidades sociais

Esta ficha foi guiada polas tres titoras de 3º ESO, adicándolle dúas sesións a cada grupo na terceira e  cuarta semana do mes de abril.

Os obxectivos a alcanzar foron: 

  • Aprender a identificar e responder de maneira axeitada fronte á presión do grupo.
  • Analizar alternativas cando nos sometemos a presión negativa.
  • Favorecer a comunicación entre o grupo.
Estruturouse en tres partes:

1.- Xogo de roles: Representación de varias situacións nas que unha persoa exerce presión sobre outra e posterior reflexión grupal.


2.- Visualización e análise dun vídeo sobre consentimento sexual explicado con te:

O alumnado en pequeno grupo respondeu ás seguintes cuestións despois de ver o vídeo:

a) Como definides o consentimento sexual?
b) Por que pensades que hai relacións sexuais sen consentimento?
c) Hai unha idade legal para consentir?
d) Cales pensades que son as claves para garantir relacións consentidas?

3.- Conclusión: Elaboración de cartaces sobre as claves do consentimento partindo da campaña do folleto con-sentido Cada parella elaborou un cartaz sobre unha clave.


Claves do consentimento 

mércores, 9 de abril de 2025

Ficha 5: As relacións a través da tecnoloxía

Esta ficha foi dirixida polas tres titoras de 3º ESO, adicándolle tres sesións a cada grupo na segunda, terceira e  cuarta semana do mes de marzo.

Os obxectivos a alcanzar foron: 

  • Potenciar unha actitude crítica e reflexiva na toma de decisións.
  • Posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo.
  • Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.
Realizáronse as seguintes actividades:

1.- Presentación dun documento con enunciados sobre as relacións a través das redes para debater.

2.- Debate guiado pola profesora.
3.- Visualización e comentario de dous vídeos: un sobre sextorsión ou violencia sexual e outro sobre como o WhatsApp pode danar as relacións.
4.- Conclusión sobre a importancia de respectar unhas normas nas relacións virtuais traballando a NETIQUETA proposta pola Web de Pantallas amigas.

5.- Deseño de cartaces  en parellas sobre unha norma virtual da NETIQUETA asignada pola titora.

  • Cartaces realizados por alumnado de 3º ESO B:
  •  Cartaces realizados por alumnado de 3º ESO C:








xoves, 6 de febreiro de 2025

Obradoiros Quérote +

 

O xoves, 6 de febreiro de 2025, o alumnado dos tres grupos de 3º ESO do IES de Allariz participou nun obradoiro sobre educación sexual para adolescentes, de cincuenta minutos de duración por grupo,  impartido por unha psicóloga do centro Quérote + de Ourense. 

Estas sesións permitiron avaliar como se está a desenvolver o programa no noso centro ata o momento, despois de ter realizadas tres fichas e a piques de comezar a cuarta, sobre amor romántico. Ademais, resolvéronse dúbidas e inquedanzas sobre sexualidade plantexadas polo alumnado.

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Ficha 3: A orientación do desexo e a identidade sexual

Esta ficha foi conducida pola profesora de Valores Éticos, María de Toro González, cos tres grupos de 3º ESO, ao longo de cinco sesións durante o mes de xaneiro.

Na  primeira sesión a docente realizou unha exposición teórica, apoiándose nesta presentación:
Diseño de María de Toro González

Ademais, o alumnado plantexou as súas dúbidas respecto dalgúns temas como binarismo, cisexual, xénero fluído, etc. Tamén comentaron algunha polémica relativa á presenza de persoas trans nas competicións deportivas e en espazos como os baños, analizando as consecuencias prácticas que se desprendían de cada postura, abordando deste xeito a controversia entre o feminismo de igualdade e o transfeminismo. Chamoulles a atención o caso de David Reiner, a partir do que se conclúe que a orientación e a identidade sexual nin son escollidas nin son froito da aprendizaxe.

Na segunda sesión a mocidade tomou notas individualmente e reflexionou despois de ter visualizados os vídeos que aparecen a continuación:
- "Qué es la diversidad sexual? Explicación fácil.
- "Un paso más en la defensa de la diversidad/Mikele Grande/TEDxYouth@Amposta":

- " Prejudices/Explained/Anne Frank House":

Na terceira sesión traballaron en grupos de catro para poder pensar sobre:
  • Tópicos ou prexuízos socialmente compartidos sobre gays, lesbianas, bisexuais e trans.
  • Medidas para favorecer a inclusión e o respecto á diversidade no centro educativo.
  • Recomendacións na linguaxe.
No transcurso desta sesión, tamén se proxectaron imaxes con referentes LGTBIQ+ co fin de comprender a interseccionalidade e a normalización.

Nas sesións cuarta e quinta o alumnado deseñou carteis publicitarios en Canva.



Carteis orientación e identidade sexual realizados polo alumnado de 3º ESO

Ficha 8: Hoxe damos clase nós

 Os obxectivos desta actividade foron: Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte co alumnado de 2º ESO. Reflexionar sobre a im...